send link to app

Aplicación oficial do Concello de Boimorto (A Coruña).

O Concello de Boimorto fai unha aposta firme polas novas tecnoloxías para achegar aos seus cidadáns unha canle de comunicación directa. Con esta APP os usuarios poderán atopar de forma doada as últimas novas do concello, o boletín municipal, ofertas de emprego, eventos que se leven a cabo no municipio, etc.

Os usuarios non se perderán ningunha actualización xa que a aplicación envía (se así se desexa) notificacións automáticas cando se produce algunha novidade.

Por outra parte, os cidadáns tamén poderán remitir de forma sinxela, co fin de que se subsane, calquer incidencia que atopen no mobiliario ou en xeral no concello.